ArtigosNovember 18, 2005 11:35 am
Nico:
Non é fácil. Este lugar.
O que sinto. Supoño que isto é o pracer.
Como un espacio amplo e espido.
Antón Lopo
Os homes só contan ata tres
Escena 19
Helena, Luísa, Nico e Evaristo están cada un nas súas casas, do Hórreo, agardando que alguén lle dea luz á súa historia. Doutra banda, enfrente a eles todo un equipo de excepcionais profesionais, preparan a súa saída á escena.
Restan dúas semanas para que o gran público se meta na vida destes catro…¿Como lles sentará?¿Gostaríalles a vostedes que alguén os interpretase?¿Que dirían os veciños?…
Deixando a un lado esta pequena brincadeira, todo o equipo da Factoría damosvos a benvida a tod@s para que intentedes gozar deste blog, e poidades seguir o proceso creativo a través da voz dos seus protagonistas. Pretendemos achegar cada un de nós a visión que temos sobre este mundo que deseñou Antón Lopo e de como estamos intentando levalo á escea. Cremos que tedes unha boa oportunidade para seguir un proceso creativo co que nós estamos encantados e marabillados.
Por certo a estrea é o día 2 de decembro no Salón Teatro de Compostela, onde estaremos ata o día 5.
MÓNICA GARCÍA (Helena), NURIA GULLÓN(Luísa), TONI SALGADO(Nico), ALFREDO RODRÍGUEZ(Evaristo e produción), XOAN ANLEO(Deseño do espazo escénico e dirección audiovisual), “LA CANALLA”(Deseño de vestiario), UGIA PEDREIRA(Deseño do espazo sonoro), JULIANA GONZÁLEZ(Realización audiovisual), EMI ATRIO(Cámara e steadycam), JOSE TÁBOAS(Edición audiovisual), PACO D’PINK(Deseño do espazo lumínico), DANIEL COUSELO(Asesoría fiscal), PILAR IGLESIAS(Asesoría financieira), OLGA CAMESELLE(Movemento escénico), ROCÍO GONZÁLEZ(Axudante de dirección), XOCAS LÓPEZ (Axudante de produción), CRISTINA DOMÍNGUEZ(Dirección), ANTON LOPO(Autor e asesor da montaxe); dámosvos a tod@s a benvida.